BASES LEGAIS DA PARTICIPACIÓN NOS CONCURSOS DAS 9as XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DAS RUTAS DOS VIÑOS DE GALICIA

1.- ENTIDADE ORGANIZADORA DA PROMOCIÓN
A entidade Axencia Turismo de Galicia con domicilio en Estrada Santiago-Noia, km.3 15896 de Santiago de Compostela e C.I.F: Q-1500394-J organiza con fins promocionais os sorteos (en diante , “a Promoción”) de ámbito nacional, a desenvolver a través de Internet, exclusivo para usuarios residentes en España e maiores de idade de acordo co disposto no apartado de condicións para participar.

2.-DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN
A Promoción iniciarase o día 24 de setembro e finalizará o día 1 de novembro.

Convocaranse 7 premios en 4 concursos, que se anunciarán os días 24 de setembro e o 1, 8 e 15 de outubro. O día 12 de outubro sortearanse 3 premios (Premios 1, 2 e 3) e o 19 de outubro sortearanse 4 premios (Premios 4,5,6 e 7).

3.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA PROMOCIÓN
Os requisitos de participación serán os seguintes:

• Poderán participar aquelas persoas que residan en España e sexan maiores de 18 anos.
• A mecánica da Promoción en Facebook consiste en responder correctamente ás preguntas expostas.
• Non poderán participar nesta promoción os traballadores de Axencia Turismo de Galicia nin os seus familiares de primeiro grao, así como os provedores relacionados con esta entidade pública.
• Repartiranse un total de 7 premios. Cada gañador só poderá ser premiado unha vez (se resulta gañador nalgún dos 4 concursos non poderá volver ser elixido gañador).

4.- CONDICIÓNS DA PROMOCIÓN E PREMIOS
Elixirase aleatoriamente 1 gañador para cada un dos seguintes premios:

• Premio 1: Estancia en cuarto dobre no Hotel Nande + Comida para 2 persoas no restaurante Horta e viño.
• Premio 2: Estancia en cuarto dobre no Hotel Balneario Laias Caldaria + Comida para 2 persoas no restaurante Alfonso V.
• Premio 3: Estancia en cuarto dobre no Pazo de Esposende + Comida para 2 persoas no restaurante Sábrego (Casal de Armán).
• Premio 4: Estancia en cuarto dobre + Comida para 2 persoas no Parador Castillo de Monterrei.
• Premio 5: Estancia en cuarto dobre no Pazo do Castro + Comida para 2 persoas no Mesón Museo.
• Premio 6: Estancia en cuarto dobre na casa rural Pacio do Sil + Comida para 2 persoas no Despacho de comidas Pepa.
• Premio 7: Estancia en cuarto dobre no Hotel Ribeira Sacra + Comida para 2 persoas no restaurante A Faragulla.

Todos os aloxamentos son en cuarto dobre con almorzo incluido. Así mesmo todas as comidas serán á carta ata cubrir un máximo de 75€ en total para as 2 persoas.

Os premios gozaranse dentro das datas nas que se celebran as 9as Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia, segundo a ruta que corresponda. Os premios 1, 2 e 3 gozaranse do 23 ao 25 de outubro e os premios 4, 5, 6 e 7 do 30 de outubro ao 1 de novembro.

A elección do gañador efectuarase de maneira aleatoria a través da plataforma App Sorteos entre os participantes que acertase correctamente as preguntas expostas, sexan seguidores da conta de Facebook de Turismo de Galicia e den “like” á publicación do concurso.

Do mesmo xeito elixiranse 3 suplentes para o caso no que o gañador non responda no prazo de 24 horas a contar dende a data e hora da publicación do resultado do concurso na conta de Turismo de Galicia e do envío da mensaxe no que se lle comunica que resultou gañador/a.

Turismo de Galicia publicará na súa conta de Facebook o gañador de cada concurso. O gañador recibirá tamén unha mensaxe directa informándolle do premio e solicitando a súa identificación a través de documentación contrastada (fotocopia de documento oficial). Se non o fai antes de 24 horas a contar dende a data e hora da publicación do resultado do sorteo e o envío da mensaxe, entenderase que o rexeita. Neste caso, o premio pasaría ao primeiro suplente elixido tamén aleatoriamente. Se este tampouco remite a documentación solicitada nun prazo de 24 horas dende o envío da comunicación, o premio pasará ao segundo suplente, e despois ao terceiro, quedando deserto se ningún deles responde no prazo indicado.

O gañador terá que comunicar a aceptación do premio en 24 horas, confirmándoo con Turismo de Galicia a través da conta de correo electrónico info@xornadasrutasvinosgalicia.com e comunicar a súa identidade (DNI, nome e dous apelidos) e asegurar así a comunicación coa Axencia de Turismo de Galicia a efectos de acreditar a confirmación da identidade e o premio.

No correo electrónico, o gañador tamén indicará como medio (correo electrónico e teléfono) de contacto rápido e directo a través do que a Axencia de Turismo de Galicia se poida comunicar con el /ela para aclarar calquera continxencia relativa ao concurso. Estes datos serán usados exclusivamente para a comunicación do premio ou para aclarar calquera continxencia unha vez aceptado.

5.- DESCUALIFICACIÓNS E PENALIZACIÓNS
Se se evidenciase que calquera dos participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas Bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, a súa participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos da Promoción perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude desta Promoción.

6.- PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS
Non se permitirán comentarios ou opinións cuxo contido se considere inadecuado, que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou que puidesen vulnerar dereitos de terceiros. Tampouco se permitirán comentarios contra un particular que vulneren os principios de dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. Non nos responsabilizaremos dos danos ocasionados polos comentarios que fagan os participantes na Promoción, e que en calquera momento puidesen ferir a sensibilidade doutros participantes.

7.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE
A título enunciativo, pero non limitativo, non nos responsabilizamos das posibles perdas, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar o desenvolvemento da presente Promoción, así como tampouco nos responsabilizamos do uso que faga o participante respecto do premio que obteña desta Promoción.

Non asumimos a responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuíto que puidesen impedir a realización da Promoción ou o goce total ou parcial do premio.

8.- FACEBOOK
A promoción non está patrocinada, avalada, administrada nin asociada de ningún xeito a Facebook, polo que os participantes liberan a esta de toda responsabilidade polos eventuais danos que se deriven da mesma.

9.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
De conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 11 de decembro , de Protección de Datos de Carácter Persoal, e no seu Regulamento de desenvolvemento, cada participante coa aceptación destas bases legais consente que os seus datos persoais serán incorporados a un ficheiro do cal somos responsables, e utilizados para remitirlle newsletters e comunicacións comerciais e de promoción relacionadas cos nosos servizos por carta, teléfono, correo electrónico, SMS/MMS, ou por outros medios de comunicación electrónica.

Informámoslle que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante o envío dun correo electrónico a lopdturga@xunta.gal ou ben mediante carta dirixida á seguinte dirección: Axencia Turismo de Galicia, Estrada Santiago-Noia, km.3 15896 Santiago de Compostela, achegando en ambos os casos copia do DNI.

9.- CAMBIOS
Reservámonos o dereito de modificar ou ampliar estas bases, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos dos participantes na Promoción.

10.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese exporse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.

Usamos cookies propias y de terceros con el fin de ofrecerte una experiencia de mejor calidad. Por favor, revisa nuestra política de cookies y acepta su uso para disfrutar de una experiencia completa. Más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar