DE VIÑOS E TURISMO

Achegándote a calquera das cinco Rutas dos Viños de Galicia con Denominación de Orixe poderás facer unha orixinal viaxe en torno á vide e ao viño. Tanto en parella como en compañía da túa familia ou dos teus amigos, propoñémosche un paseo entre viñedos.

A celebración das 9as Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia -que terán lugar as fins de semana do 23, 24 e 25 de outubro nas Rías Baixas e no Ribeiro e o 30, 31 de outubro e o 1 de novembro en Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras – bríndanche a escusa perfecta para non demorar máis esta experiencia. Podes optar entre as sobranceiras paisaxes de Monterrei presididas pola súa impoñente fortaleza medieval, as do Ribeiro e súa antiga historia vitivinícola, as das Rías Baixas e os seus pazos e xardíns históricos, as da Ribeira Sacra, cheas de maxia de corte monacal ou as de Valdeorras, territorio de senlleiras covas… Paisaxes que mudan as súas cores e texturas con cada estación do ano.

Aproveita esta ocasión para coñecer non só as grandes adegas galegas, de modernas construccións, senón tamén aquelas máis pequenas, acolledoras e familiares, onde os colleiteiros che amosarán con agarimo o seu coidadoso traballo.

EN QUE CONSISTEN AS 9as XORNADAS DE PORTAS ABERTAS?

Volvemos brindar? Durante as fins de semana do 23, 24 e 25 de outubro e do 30, 31 de outubro e 1 de novembro poderás facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta promoción. Todas terán as súas portas abertas para ti durante a fin de semana da campaña*. Ao finalizar a visita ofreceranche como agasallo unha degustación dos mellores viños de Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra ou Valdeorras. Tamén atoparás restaurantes onde poderás escoller entre dous menús concibidos especialmente para esta ocasión. Os menús compoñeranse de primeiro e segundo prato -maridados ambos con viños da Denominación de Orixe na que te atopes- e sobremesa. Algúns dos restaurantes adheridos tamén ofrecerán menús infantís para os nenos menores de 12 anos que acompañen aos adultos.

En cada Ruta poderás atopar ademais un programa especial de actividades para a fin de semana: autobuses do viño, catas comentadas, visitas a museos, rutas monumentais, paseos en barco, descontos en aloxamentos e outras accións relacionadas co mundo do viño.

*Realizaranse tres visitas guiadas os sábados e unha os domingos cos seguintes horarios horario de atención ao público:

Sábados: 11.30 h ,13.00 h e 17.00 h

Domingos: 12.00 h

Recoméndase confirmar a visita vía telefónica coa adega correspondente

SORTEO 7 PREMIOS

Entre os meses de setembro e outubro, no Facebook de Turismo de Galicia, realizaremos 4 concursos nos que sortearemos 7 premios consistentes nun xantar para dúas persoas + unha noite de aloxamento en cuarto dobre nalgún dos establecementos integrantes das 9as Xornadas de portas abertas das Rutas dos Viños de Galicia. Sigue as nosas redes sociais e participa!.

RECOMENDACIÓNS EN REFERENCIA Á COVID-19

Turismo de Galicia e as Asociacións das Rutas dos Viños de Galicia asumen o compromiso de cumprimento das medidas preventivas e de seguridade derivadas da actual situación sanitaria en referencia á Covid-19. Por iso nos Buses do Viño non se ocupará máis do 60 % da súa capacidade, deixando espazo suficiente para manter a distancia de seguridade. Informámoslles que algunhas das actividades previstas na programación de cada Ruta poderanse ver afectadas no seu desenvolvemento ou incluso poderán ser suspendidas por razóns de forza maior

Usamos cookies propias y de terceros con el fin de ofrecerte una experiencia de mejor calidad. Por favor, revisa nuestra política de cookies y acepta su uso para disfrutar de una experiencia completa. Más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar